A Deputación dedica o 8 de novembro ás mulleres investigadoras e científicas a través da figura da profesora Julia Carballo

Foto do DUVI

Cada mes, o día 8, a Área de Igualdade da Deputación de Ourense activa a súa iniciativa 8M, mes a mes, que consiste en realizar un destacamento especial á muller e á súa importancia no mundo laboral poñendo en valor o seu labor durante todo ano en sectores tradicionalmente masculinizados. Neste mes de novembro, a iniciativa decidiu pór de relevo a importancia das mulleres na ciencia e a investigación, escollendo destacar a figura da profesora da Facultade de Ciencias do campus de Ourense Julia Carballo, experta en microbioloxía.

A homenaxeada é doutora en Farmacia e desde hai máis de 30 anos desenvolve o seu traballo investigador na Área de Microbioloxía da Universidade de Vigo e docencia na Facultade de Ciencias.

Ler a noticia completa no DUVI