No eido divulgativo e de responsabilidade social, a Área de Microbioloxía da Universidade de Vigo está moi implicada na concienciación sobre a problemática da resistencia microbiana aos antibióticos, levando a cabo diferentes iniciativas ao longo de cada curso académico. Entre elas, acaba de pór en marcha unha actividade de aprendizaxe-servizo chamada DivulSuperBac.A iniciativa está coordinada dentro da Facultade de Ciencias desde a Área de Microbioloxía e o GID Mundo Microbio, polas profesoras María José Pérez e Julia Carballo.
O alumnado de materias de Microbioloxía da Facultade de Ciencias fixo a tradución ao galego dos paneis da mostra de DivulSuperBac titulada A ameaza das bacterias multiresistentes aos antibióticos.
A exposición está formada por un conxunto de 14 pósters nos que a aborda a citada problemática desde múltiples puntos de vista, desde como se chegou a ela e a situación en eidos como o agrícola e o hospitalario ata as alternativas existentes aos antibióticos ou como a cidadanía pode contribuír á busca de solucións.