O Dobre Grao en Enxeñería Agraria e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos forma profesionais altamente cualificados para afrontar os novos retos nos sectores agrario e alimentario combinando dúas titulacións estratéxicas e complementarias.
A rama de Enxeñería Agraria proporcionará ao alumnado unha sólida base científica e tecnolóxica orientada ao deseño, xestión e dirección de explotacións agrícolas, gandeiras e agroindustriais. Ademais, proporcionará unha ampla formación en infraestruturas e procesos asociados á produción primaria e á transformación das materias primas.
A rama de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos proporcionará ao alumnado os coñecementos necesarios para comprender, xestionar e optimizar a cadea de elaboración de alimentos, desde a obtención das materias primas ata a comercialización dos produtos alimentarios, pasando polas diferentes fases de transformación, control de calidade, e conservación.
Este Dobre Grao proporcionará unha formación integral e multidisciplinar cunha elevada proxección profesional nun sector que se espera que no futuro sexa clave, en temas de innovación, sustentabilidade e seguridade.
Accesos directos
Coordinación