O traballo de fin de grao forma parte como módulo, materia ou disciplina do plano de estudos de todo título oficial de grao. No seu deseño debe preverse que a súa elaboración, avaliación e cualificación teñan lugar dentro do período previsto para realizar os estudos

É un traballo persoal, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo a titorización do centro e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición das competencias e dos contidos formativos asociados ao título.

En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver liñas de traballo xa iniciadas con anterioridade no marco dos estudos da titulación. No caso de que o traballo reproduza un texto publicado dixitalmente ou en formato tradicional, sen que o/a autor/a se faga eco desta cirscuntancia e o presente como propio e orixinal, considerarase como plaxio. O plaxio constituirá motivo de suspenso.

O TFG evaluarase mediante unha rúbrica. A nota está dividida do seguinte modo:

  1. Informe do titor/a: 25% da nota.
  2. Traballo escrito: 40% da nota.
  3. Exposición oral: 35% da nota.

O titor emitirá un informe, previo á defensa to TFG, dando a súa puntuación entre 0 – 25%. Este informe será coñecido polo tribunal do TFG.

O traballo escrito valoraráse segundo a tipoloxía de TFG (xeral, enxeñaril ou bibliográfico) ata un 40% e a exposición oral valoraráse ata un 35%, sumando un total do 75% da nota do TFG.

Cada membro do TFG calificará por separado e calcularáse a media.

As notas só serán públicas trala defensa de todos os TFG da convocatoria.

 

 

Traballo Fin de Grao – Curso 2025/2026

CALENDARIO DE DEFENSA DO TFG

(Pulsa no nome da convocatoria para consultar o calendario detallado)

Convocatoria SolicitudE * Defensa
Fin de carreira 20/10/2025 – 24/10/2025 17/11/2025 – 21/11/2025
1ª convocatoria 02/02/2026 – 06/02/2026 23/02/2026 – 27/02/2026
2ª convocatoria 06/04/2026 – 10/04/2026 24/04/2026 – 30/04/2026
3ª convocatoria 01/06/2026 – 05/06/2026 26/06/2026 – 03/07/2026
Xullo 22/06/2026 – 26/06/2026 16/07/2026 – 29/07/2026

* (hasta las 14.00 horas)

Calendario do TFG 2025/2026

 

 

Coordinación do Traballo Fin de Grao

Grao en Ciencias Ambientais

Gil Garrote Velasco
gil@uvigo.es

Grao en Enxeñaría Agraria

María del Carmen Seijo Coello
mcoello@uvigo.es

Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

Elena Martínez Carballo
elena.martinez@uvigo.es