O Dobre Grao en Enxeñería Agraria e Ciencias Ambientais ofrece unha formación integral enfocada a formar profesionais que o lideren os grandes desafíos do sector agrario e ambientais achegando solucións tecnolóxicas e sostibles.

A rama de Enxeñería Agraria proporcionará ao alumnado unha sólida base científica e tecnolóxica orientada ao deseño, xestión e dirección de explotacións agrícolas, gandeiras e agroindustriais. Ademais, proporcionará unha ampla formación en infraestruturas e procesos asociados á produción primaria e á transformación das materias primas.

A rama de Ciencias Ambientais proporcionada ao alumnado unha visión global e multidisciplinar que o capacitará para analizar e afrontar diferentes problemas ambientais. Estes profesionais serán capaces de comprender a complexidade dos sistemas naturais avaliar os diferentes impactos ambientais que os poidan afectar e propoñer diferentes medidas de prevención conservación e xestión do medio

Este Dobre Grao combina o coñecemento técnico coa sustentabilidade ambiental polo que se conseguirá unha proxección profesional ampla adaptada á sociedade actual e futura.

Consulta a memoria do Título