Un estudo amosa o potencial da mostaza branca como fonte de compostos bioactivos beneficiosos para a saúde

Investigadoras da Facultade de Ciencias e do Campus Auga da Universidade de Vigo, María Figueiredo, do grupo Food and Health Omics, e Alicia Paz, do grupo de BiotecnIA, veñen de realizar un estudo no que demostran que as sementes e o aceite da mostaza branca (Sinapis alba) constitúen “fontes naturais de compostos bioactivos con propiedades beneficiosas para a saúde, que poderían ser empregadas en aplicacións alimentarias e farmacéuticas”. Ademais, nel afondan en como a introdución desta especie no agro galego pode ter vantaxes para a mellora das propiedades do solo, impulsando a agricultura ecolóxica.

Ler a noticia completa no DUVI