Exposición Galiverso na Facultade de Ciencias

Galiverso é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que nos invita a descubrir, como nunca antes, o rico patrimonio galego usando tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual.

Imaxina por un momento poder mergullarte nas profundidades do océano a bordo dun batiscafo e explorar os magníficos fondos mariños da costa galega (Galiverso, Somerxido) ou viaxar no tempo e no espazo para descubrir lugares cheos de historia e cultura como a cova do Rei Cintolo (Galiverso, No corazón da Pedra).

Os días 7 e 10 de abril, de 16:00 a 20:00 no primeiro andar do Edificio Politécnico, a Facultade de Ciencias e Galiverso, invitante a esta experiencia única para ver Galicia con outros ollos.

¿Atréveste a descubrilo?

Para mais información: Cidade da Cultura