VII Xornada de concienciación sobre o uso dos antibióticos

Un ano máis, e no marco da Semana Mundial de Concienciación sobre o Uso dos Antibióticos 2025, o vindeiro venres 21 de novembro, ás 11:00 horas, celebrarase no Salón de Graos da Facultade de Ciencias, no Edificio Politécnico, unha xornada informativa que aspira a converterse nun punto de referencia para comprender os novos desafíos e tendencias nun ámbito crítico para o futuro da saúde pública.