Comisión Académica
Está composta por:
- Presidenta e coordinadora do Mestrado: María Fernández González
- Secretario: Juan Carlos Mejuto Fernández
- Sidonia Martínez Suárez
- Herminia Domínguez González
- María José Pérez Álvarez
- Jesús Simal Gándara
- Manuel Arias Estévez
Funcións da Comisión Académica:
- Establecer as canles axeitadas para promover e facilitar a participación nos procesos de todos os membros da Facultade
- Emitir documentos de traballo referidos á totalidade ou a unha parte do novo plan para a súa avaliación pola comunidade da Facultade
- Coordinar os procesos de docencia do Mestrado
- Avaliar convalidacións tanto de materias coma de estudos
Mecanismos de coordinación docente
Os labores de coordinación son realizadas pola persoa que coordine o Mestrado, pola Comisión Académica do Mestrado e polos coordinadores de cada materia (estas figuras son nomeadas anualmente pola Comisión Académica).
A persoa coordinadora do Mestrado e a Comisión Académica encárganse de que non haxa solapamentos entre materias. O coordinador de materia encárgase da organización secuencial do contido da materia e de organizar as actividades docentes en conexión con todos os profesores que participan nela. Para iso reúnese cos profesores de cada materia para decidir como se vai a impartir, solicitar o material necesario, recompilar os traballos a realizar durante a avaliación continua e as preguntas para o exame final. Unha vez finalizada a materia, o coordinador informa ao coordinador do Mestrado e comunícalle as posibles incidencias que tiveran lugar.
Ao finalizar cada curso, a Comisión Académica do Mestrado reunirase cos coordinadores de materia para analizar o transcurso do curso. Analizaranse os métodos empregados e os resultados acadados, valorarase a necesidade de realizar modificacións na organización académica, os sistemas de avaliación empregados, o profesorado do mestrado, etc. En base a esta información fixaranse os obxectivos para a seguinte edición do mestrado e as actividades a realizar que conformarán o plan de mellora.