A formación do Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental permite ao estudantado egresado desenvolver diferentes capacidades e competencias para acadar os obxectivos planificados.
Obxectivos
O principal obxectivo do Título é a formación de especialistas para o desenvolvemento de investigación e o asesoramento técnico, tanto en Organismos Públicos como en Empresas, en temas relativos ao sector ambiental, sistema tecnolóxico alimentario, ao control de calidade e seguridade alimentaria, e aos factores que inciden directamente tanto na saúde e calidade de vida dos cidadáns como na estrutura produtiva e socio-económica de Galicia.
Por outra banda, o mestrado debe garantir a formación avanzada nos seguintes pilares básicos:
- Investigación e desenvolvemento de técnicas que nos permitan un correcto manexo e conservación do medio ambiente e dos recursos naturais que son fonte das materias primas
- Investigación e desenvolvemento de novos procesos e estratexias na produción, elaboración e conservación de alimentos
- Investigación e desenvolvemento de novas estratexias e procedementos que garantan a calidade e seguridade alimentarias
- Investigación e desenvolvemento no binomio alimentación-saúde
Competencias
CB1
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB2
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB3
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG1
Que os estudantes sexan capaces de desenvolver habilidades de análise, síntese e xestión da información para contribuír á organización e planificación de actividades de investigación no sector agroalimentario e do medio ambiente.
CG2
Que os estudantes sexan capaces de adquirir e aplicar habilidades e destrezas de traballo en equipo, sexan ou non de carácter multidisciplinar, en contextos tanto nacionais como internacionais, recoñecendo a diversidade de puntos de vista, así como o pouso das distintas escolas ou formas de facer.
CG3
Que os estudantes sexan capaces de desenvolver habilidades persoais de razoamento crítico e construtivo para mellorar o funcionamento dos proxectos de investigación nos que intervén.
CG4
Que os estudantes sexan capaces de adaptarse a novas situacións, con grandes doses de creatividade e ideas para asumir o liderado de investigadores.
CG5
Que os estudantes sexan capaces de desenvolver iniciativas e espírito emprendedor con especial preocupación pola calidade de vida.
CG6
Que os estudantes sexan capaces de entender a proxección social da ciencia.
CE1
Adquirir coñecementos avanzados sobre deseño experimental e de estatística de utilidade no desenvolvemento de proxectos de investigación.
CE2
Profundar no coñecemento das técnicas de obtención, rexistro, procesado, validación e análise de datos de campo e laboratorio e aplicalas na I+D+i nos campos ambiental e agroalimentario.
CE3
Manexar programas informáticos para o procesado e análise espacial cuantitativa e aplicar ditas técnicas a diversas áreas da investigación nos campos ambiental e agroalimentario.
CE4
Coñecer e integrar todos os aspectos relacionados coa normalización e lexislación no ámbito dos sistemas de calidade ambiental, agrícola e alimentaria, de modo que os poida aplicar dentro de actividades de I+D+i, prestando especial atención á seguridade e trazabilidad (“farm to fork”).
CE5
Coñecer e comprender os procesos tecnolóxicos de produción, transformación e conservación de alimentos, con especial atención á I+D+i de novas tecnoloxías respectuosas coa calidade dos alimentos e o medio ambiente.
CE6
Coñecer e comprender a xestión ambiental dos procesos das industrias agrarias e alimentarias, co fin de poder desenvolver I+D+i relacionada cos residuos (detección, procesado, eliminación e/ou valorización) e ser capaz de transferir ao sector produtivo os avances en investigación en redución de impactos das actividades agroalimentarias.
CE7
Desenvolver investigacións no campo da xestión global da cadea agroalimentaria e do medio natural mediante a aplicación de tecnoloxías medioambientalmente sustentables.
CE8
Capacidade para desenvolver investigacións no campo da xestión integral eficaz de riscos alimentarios, en particular orientadas ao desenvolvemento de novos sistemas de detección e alerta temperá de crise de carácter agroalimentario.
CE9
Capacidade para investigar e desenvolver novos procesos de fabricación e conservación de alimentos.
CE10
Capacidade para investigar, deseñar e desenvolver novas técnicas de extracción, concentración, purificación e análise de compoñentes naturais, engadidos ou contaminantes nos alimentos e os ecosistemas.
CE11
Comprender o funcionamento e diversidade dos ecosistemas a distintos niveis e as adaptacións aos ambientes no que viven.
CE12
Realizar estudos para coñecer os principais efectos do cambio climático sobre os recursos naturais empregados na industria agroalimentaria.
CT1
Capacidade de análise, organización e planificación.
CT2
Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
CT3
Comunicación oral e escrita na lingua nativa e estranxeira.
CT4
Capacidade de aprendizaxe autónoma e xestión da información.
CT5
Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
CT6
Capacidade de comunicación interpersoal.
CT7
Adaptación a novas situacións con creatividade e innovación.
CT8
Capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
CT9
Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
CT10
Tratamento de conflitos e negociación.
CT11
Motivación pola calidade con sensibilidade cara a temas ambientais.