Descrición do Título

Denominación do Título Mestrado Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental pola Universidade de Vigo
Nivel académico Mestrado – RD 1393/2007, de 29 de outubro
Código RUCT do Título 4315071
Rama de coñecemento Ciencias
Profesión regulada vinculada Non habilita para profesión regulada
Tipo de ensino Oficial (adaptado ao EEES)
Modalidade de ensino Semipresencial
Número de prazas ofertadas 30 prazas
Lingua de impartición Castelán e Galego
Curso académico de implantación 2014/2015
Duración do programa 60 créditos ECTS, 1 ano
Data de verificación 07/10/2014 – Verificación (SXU 01/10/2009)
Data de Autorización na C.A. de Galicia 24/10/2014 – Autorización (DOG 06/11/2014)
Aprobación polo Consello de Ministros 26/12/2014 – (BOE 29/01/2015)
Publicación do Plan de Estudos 13/02/2014 – (BOE 20/03/2014)
Centros nos que se imparte Campus de Ourense: Facultade de Ciencias
Coordinador do Título María Fernández González
Memoria do Título Memoria vixente

Xustificación

Interese académico, científico e profesional

O mestrado pretende proporcionar a base para a formación de investigadores que desenvolvan a súa actividade de I+D+i nos diversos eslabones da cadea alimentaria, desde o correcto manexo e conservación dos recursos naturais e o medio ambiente (fonte das materias primas) aos últimos avances en procesado ou biotecnoloxía, pasando pola calidade e a seguridade alimentaria, garantindo unha formación integral e multidisciplinar que permita aos egresados desenvolver e implementar novas tecnoloxía no sector agroalimentario, así como o desenvolvemento de novos produtos e/ou a valorización dos que actualmente existen no mercado.

A necesidade social de investigadores nos ámbitos ambiental e agroalimentario faise evidente cando se analiza a forma de vida da sociedade actual. En efecto, por unha banda se demandan alimentos variados, cómodos e de longa vida útil, sen descoidar o seu aspecto placentero e as tradicións culturais.

Referentes externos á universidade

Consultas externas: realizáronse fundamentalmente a través da OFOE (oficina de orientación ao emprego) da Universidade de Vigo. Este servizo actúa como vínculo de contacto entre os centros e os licenciados das distintas Titulacións. Ademais proporciona unha conexión entre as empresas e os centros que permitiu coñecer as necesidades e demandas concretas a nivel local e rexional do sector no que o estudante vai desenvolver a súa actividade profesional, a fin de adaptar no posible os plans de estudo ás necesidades sanitarias, sociais e empresariais da súa contorna.