Nesta sección poñemos ao dispor un conxunto de materiais e recursos vinculados ás diferentes titulacións ofertadas na Facultade de Ciencias.

Os materiais aquí recolleitos están dirixidos a toda a Comunidade Universitaria, desde o alumnado, ata o persoal de administración e servizos, pasando polo persoal docente e investigador e por calquera persoa interesada en coñecer en maior profundidade a actividade desenvolvida na nosa Facultade.

Este espazo irase actualizando progresivamente con diferentes contidos que poidan contribuír e enriquecer a experiencia universitaria e incentivar a unha maior conexión entre os distintos colectivos que conforman o noso Centro.