A UVigo participa nun proxecto europeo que busca crear ferramentas estandarizadas para cuantificar o carbono orgánico do solo

Foto do DUVI

Desde xuño de 2023, un consorcio de 21 entidades de dez países, entre elas a Universidade de Vigo, desenvolve o proxecto MRV4SOC, que busca crear ferramentas estandarizadas e rigorosas para o seguimento, informe e verificación do carbono orgánico do solo e o balance de gases de efecto invernadoiro no sector terrestre, en liña cos obxectivos da Unión Europea de mitigación do cambio climático. A iniciativa está financiada con case sete millóns de euros polo programa Horizon Europe da UE.

Monitoring, Reporting and Verification of Soil Organic Carbon and Greenhouse Gas Balance está coordinado desde España por GMV Aerospace and Defence SA e nel participan universidades, empresas privadas, unha fundación e centros de investigación. Da Universidade de Vigo está un equipo da Área de Edafoloxía e Química Agrícola do campus de Ourense, pertencente ao grupo de investigación Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1), do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) e Campus Auga, estando liderado desde a Facultade de Ciencias pola investigadora Paula Pérez. “Xa levamos moitos anos estudando prácticas agrícolas sostibles e a participación neste proxecto potencia aínda máis a nosa liña de investigación relacionada co papel do solo como sumidoiro de carbono”, comenta Paula Pérez.

Ler a noticia completa no DUVI