A primeira promoción de especialistas en Auga, Termalismo e Saúde remata a súa formación no campus

Foto do DUVI

A semama pasada rematou no campus de Ourense a súa formación a primeira promoción do Curso de Experto/a en Auga, Termalismo e Saúde. Trátase de 14 persoas, cunha elevada diversidade de perfís profesionais, que ao longo deste 2025/2026 recibiu “unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal”. Elas e eles son a primeira fornada dun título propio da UVigo ofertado a través do Centro de Posgrao e Formación Permanente e realizado ao abeiro do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado e financiado pola Xunta de Galicia.

Dirixido polas profesoras e investigadoras da Facultade de Ciencias Mª Inmaculada Franco e María José Pérez, a formación estruturouse en módulos que abrangueron dende os aspectos xeolóxicos e microbiolóxicos da auga ata a súa aplicación no tratamento de diversas patoloxías.

Ler a noticia completa no DUVI