A Área de Microbioloxía da UVigo volve un curso máis a traballar na concienciación sobre o uso dos antibióticos

Cada curso académico, a Área de Microbioloxía e o grupo de innovación docente Mundo Microbio da Universidade de Vigo traballan na concienciación sobre a problemática da resistencia microbiana aos antibióticos levando a cabo diferentes iniciativas. Renovando este compromiso, este venres organizaron na Facultade de Ciencias do campus de Ourense a súa VII Xornada de concienciación sobre o uso dos antibióticos, na que se anunciou a posta en marcha dunha nova edición do seu proxecto de divulgación MicroMundo@UVigo: DivulSuperBac.

A xornada realizouse coincidindo coa celebración estes días da Semana Mundial de Concienciación sobre o Uso dos Antibióticos. Arrancou cunha conferencia sobre o desafío global da resistencia aos antimicrobianos, a cargo de Ainhoa Lucía Quintana (profesora da Área de Microbioloxía da Universidad de Zaragoza e coordinadora do nodo MicroMundo@Unizar). Ela traballa na actualidade no desenvolvemento de novas terapias antimicrobianas e faloulle ao alumnado presente da problemática en xeral das resistencias microbianas dende unha perspectiva “one health”, é dicir, unha única saúde, e do traballo de vixilancia que se fai en España e Europa.

A segunda das conferencias versou sobre como combater a resistencia aos antibióticos desde o laboratorio e as aulas, a cargo de Sandra Sánchez (profesora tamén da Área de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do nodo MicroMundo@USC). Ela traballa na actualidade en proxectos enfocados a reducir o uso de antibióticos nos ámbitos clínico, gandeiro e na acuicultura, desenvolvendo nanosistemas e formulacións con antibióticos e fagos e avaliando compostos naturais con actividade antimicrobiana

Ler a noticia completa no DUVI